lunes, 6 de diciembre de 2010

A Escola dos Animais! Por Alba Gil e Nuria Portela

Érase unha vez un grupo de amigos e amigas que vivían xuntos nunha granxa.

Un bo día a vaca Paca ocorréuselle a brillante idea de propoñerlle ós seus amigos de ir a escola. Pero Paca comezou a dicirlles que na escola aprenderían moitas cousas e xogarían moito sen dar nada a cambio.

O día seguinte a pita empezou a cacarexar para comezar o seu rumbo a escola.

Todos os amigos emprenderon a curta viaxe, para comezar a nova aventura que lles esperaba.

Alí encontráronse co mestre Don Ramón, o cal lles preguntou como se chamaban e que lles gustaría ser.

Comezou a vaca Paca toda eufórica dicindo: 

-       Chámome Paca e gustaríame ser perruqueira.

Seguiu a ovella:

-       Eu son Centella e quero ser,… garda civil.

Continua o can:

-       Eu chámome Lacazán e cando sexa grande, vou ser un bo gardián. 

Por último quedaba alguén sen falar, e era a galiña. O mestre dirixiuse a ela e díxolle:

-       E ti como te chamas?

-       Eu son Pedriña, a máis pequeniña, e cando sexa grande vou ser unha gran panadeira.


De repente soou unha campá, quedáronse todos sorprendidos porque non sabían o que ía pasar, pero Don Ramón dixo ca súa forte voz: Vamos todos a xogar. 



E así día tras día todos os animais da escola, foron recoñecendo que eles eran moi afortunados, xa que tiñan a gran oportunidade de crecer e desenvolverse cos seus amigos.

FIN.

1 comentario: