domingo, 16 de septiembre de 2012

Inicio de curso!

Arrinca un novo curso!

Comezamos unha nova etapa no CIFP Porta da Auga, con novas aulas, novos ciclos, novos horarios e novos compañeiros e compañeiras; pero sen esquecernos dos que inciastes camiño o pasado curso en Ribadeo e seguides agora máis preto dos vosos fogares. Moita sorte!

A presentación terá lugar o vindeiro martes 18 de setembro ás 12:00 da mañá!

Alí nos vemos!

domingo, 10 de junio de 2012

Enlámate!

Aquí están as fotos da actividade realizada o pasado mes no módulo de DCM. Seguro que Piaget non o pasaba tan ben coma vós!





















martes, 15 de mayo de 2012

Axudas FCT 2012

Ola! Xa saiu onte a convocatoria das axudas para a realización da FCT. Podedes consultar as bases no seguinte link:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/10588

Para a reunión do día 25 de maio é preciso que traiades fotocopia do DNI e certificación bancaria dos datos dunha conta da que sexades titulares, onde desexedes que vos fagan o ingreso.

Ademais, debedes comprobar que o concello que vos consta na ficha de identificación da vosa carpeta é no que residedes na actualidade. De non ser así, debedes actualizalo na secretaria do centro.

Tedes máis información nos vosos correos. Se non vos chegase, poñédevos en contacto conmigo.

lunes, 30 de abril de 2012

MONICREQUES

Aquí vai unha mostra dos monicreques elaborados polo alumnado de primeiro para o módulo de expresión e comunicación.