Ola! Xa saiu onte a convocatoria das axudas para a realización da FCT. Podedes consultar as bases no seguinte link:
http://www.edu.xunta.es/fp/node/10588
Para a reunión do día 25 de maio é preciso que traiades fotocopia do DNI e certificación bancaria dos datos dunha conta da que sexades titulares, onde desexedes que vos fagan o ingreso.
Ademais, debedes comprobar que o concello que vos consta na ficha de identificación da vosa carpeta é no que residedes na actualidade. De non ser así, debedes actualizalo na secretaria do centro.
Tedes máis información nos vosos correos. Se non vos chegase, poñédevos en contacto conmigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario