miércoles, 11 de mayo de 2011

Aviso para o alumnado de segundo curso!

O vindeiro xoves 26 de maio está prevista unha saída á Coruña para visitar:

A Escola Infantil "Fonte da Balsa" en Culleredo.
A Biblioteca "Rialeda" do Concello de Oleiros.
A Escola Infantil  "Santa María de Oza".

As alumnas que estades a realizar á FCT, e que vos interese paraticipar na actividade, podedes traer os cartos (cuota habitual: 6€) e entregalos xa na reunión deste venres, para evitar ter que achegarvos por aquí outro día.

Se algunha persoa non está interesada en participar na actividade, deberá acudir ao centro de traballo e realizar a xornada habitual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario