jueves, 25 de noviembre de 2010

¿O teu nome? Por Belinda Amor e Laura Rego

Un día, no pobo da miña avoa, comezaba o colexio despois dun longo verán.

Cando cheguei, a mestra levoume para a miña clase e puxémonos a xogar como moitas outras veces pero, de repente, démonos conta de que este curso había un neno novo que ninguén coñecía entón preguntámoslle:
-E ti, ¿Como te chamas?
-Non sei. (Respondeu con cara de pena).
-¿Como que non sabes?
-Non, non sei, eu non teño nome.
-¿Non tes nome? ¿E de que país es?
-Tampouco o sei.

Todos os nenos quedamos moi sorprendidos despois do que acabábamos de saber, pero iso non podía quedar así. O novo neno tiña que ter un nome e pertencer a un país como todos nos. Así que o primeiro que fixemos foi contarllo á mestra:

-Dona Perpetua, temos un problema.
-Dime neniño.
-O neno novo que chegou á clase non ten nome.
-Pero… ¿que dis? ¿Como non vai ter nome?
-Si, é verdade e díxonos que non sabía de que país era.
-¿Que dis filliño? Todo ser humano ten que ter dereito a ter un nome e un país ao que pertencer.
-Que non Dona Perpetua, que non sabe nin como se chama nin de onde é, ¡isto ten que ter unha solución!
-De acordo, ¡necesitamos unha solución XA!!

Marchei ao recreo todo decidido onde estaban xogando os demais nenos e pensando que isto tiña que ser arranxado o antes posible.
Ao día seguinte ao entrar na aula a mestra xa tiña pensada a tarefa do día:
¡Buscarlle un nome o novo neno!
Todos os nenos da clase puxémonos moi contentos ao coñecer a noticia.
Cada neno tiña que dicir o nome que mais lle gustaba para o seu compañeiro e entre todos os nomes mais destacados, atopábanse: Pepito, Mateo e Eduardo.
Agora o neno debía escoller cal dos nomes lle gustaba máis.
-¿Ti como te queres chamar? ¿Que nome prefires?
-A min gustaríame chamarme Mateo.
-Moi ben, pois así será.

Puxémonos moi contentos porque gracias a que todos contribuímos na tarefa do dia, a partir de agora o novo neno chamaríase Mateo e tería nacionalidade española como o resto dos seus compañeiros.




Para celebrar isto fixeron unha festa no colexio por todo o alto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario