sábado, 23 de octubre de 2010

Benvidos!

Benvidos ao blog do Ciclo de Técnico Superior en Educación Infantil do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.  Neste curso 2010/2011 inauguramos un novo espazo para compartir intereses, experiencias e opinións sobre o mundo da infancia e da educación infantil.

Como en todos os comezos estamos cargados de bos propósitos e pretendemos que esta iniciativa serva para impulsar a comunicación e colaboración con outros centros, profesionais da educación infantil, as nosas alumnas e alumnos, as persoas que nos acompañaron en cursos pasados, as que quizais nos acompañen no futuro e con todo aquel que estea interesado en coñecernos.

Agardamos que a iniciativa teña unha boa acollida, animando dun xeito especial ás nosas alumnas e alumnos a participar de forma activa dela, posto que son os protagonistas das actividades que desenvolvemos cada día. 

Adiante! A porta está aberta!

1 comentario:

  1. Está muy bien el blog! pude compartir los cuentos que hicimos en el facebook para que los puedan ver mis contactos! :D

    ResponderEliminar