Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2012

Entroido 2012!

Na presentación hai unha selección de fotos do pasado entroido. O tema para elaborar os difraces do grupo de primeiro foi "personaxes de conto". Podedes ver imaxes de: "As tres porquiñas", "As tres mellizas", "Blancaneves e os sete ananiños", "Pinoccio", "Peter Pan" e "Alicia no país das marabillas". Cada grupo ideou e confeccionaou os disfraces e deseñou un xogo relacionado coa temática do seu conto.

O grupo de segundo curso partipou nos xogos e ademais exerzou de xurado no concurso, elixindo o mellor disfraz (Pinoccio) e o máis axeitado para elaborar cos nenos e nenas da etapa de infantil ("As tres porquiñas"). Agardo que vos gusten! (E desculpade a tardanza).

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Actividades de Nadal!

Felices festas a todos/as!

Aquí vai o meu agasaio! Nesta presentación aparecen as fotos do amigo invisible da clase de segundo curso e das comidas divertidas que preparastes (e disfrutastes) na clase de autonomía persoal e saúde.

Agradecementos especiais a Alba (pola cesión das imaxes) e a Carmen (alumna en prácticas do master de formación do profesorado) que participou moi activamente nas actividades destes días.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Obradoiro de maquillaxe de fantasía


A  presentación recolle as fotografías das sesións do obradoiro de maquillaxe que realizamos o pasado curso no módulo de expresión. Como se pode ver tivo unha boa acollida. Grazas por prestarvos ao experimento!