Aquí vai unha mostra dos monicreques elaborados polo alumnado de primeiro para o módulo de expresión e comunicación.
Blog do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil do CIFP Porta da Auga
Mostrando entradas con la etiqueta EXPRESIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPRESIÓN. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de abril de 2012
viernes, 20 de enero de 2012
Recanto de poesía
A continuación amósanse coma comentarios as poesías elaboradas polas alumnas/o de primeiro curso.
miércoles, 8 de junio de 2011
Tarefa TICs nº1
Cada alumna/o debe engadir como comentario a esta entrada o vínculo a algún sitio web que ofreza contidos, recursos, software, etc.; de utilidade para traballar na Educación Infantil. Debedes xustificar brevemente a vosa elección.
Ollo! Non poderá aparecer 2 veces a mesma ligazón na lista de comentarios. Polo tanto, deberedes comprobar se xa está engadida por outra compañeira/o.
miércoles, 11 de mayo de 2011
Tarefa: achegamento á linguaxe de signos.
Por parellas ou grupos de tres persoas debedes visionar o seguinte video. Nel amósanse distintos termos signados. Debedes escoller oito e incorporalos a unha pequena historia oral. Podedes consultar outros videos na Rede para complementar este vocabulario.
domingo, 10 de abril de 2011
Proxectos de expresión plástica!
Baixo a nova etiqueta "Proxectos de expresión plástica" atoparedes os traballos realizados polas alumnas e alumnos de primeiro curso neste módulo. O obxectivo desta actividade era traballar distintas técnicas de expresión plástica en torno a unha temática: experiencias con materiais, técnicas manipulativas do papel, pintura, moldeado e collage. Podedes observar os resultados picando nas presentacións fotográficas.
Bo traballo!
martes, 11 de enero de 2011
Tarefa: Colección de adiviñas!
Cada alumna/o engadirá coma comentario a esta entrada unha adiviña
de creación propia, coa solución correspondente.
Debe figurar igual que na tarefa anterior o nome do autor/a.
de creación propia, coa solución correspondente.
Debe figurar igual que na tarefa anterior o nome do autor/a.
Tarefa: Pequenas poesías!
Cada un de vós debe publicar unha poesía dun mínimo de
8 versos coma comentario a esta entrada.
Debe ser de creación propia e cunha temática de interese
para os nenos e nenas.
Debe ser de creación propia e cunha temática de interese
para os nenos e nenas.
Ademais debe figurar o nome da autora ou autor.
(Se hai alguén moi "tímido/a" pode empregar un seudónimo).
Tarefa de expresión e comunicación
No seguinte enlace podedes acceder ao monográfico de "Página2" sobre literatura infantil:
http://www.rtve.es/television/20101221/pagina-2-monografico-sobre-literatura-infantil/388840.shtml
Debedes visionalo e tomar nota daqueles datos e comentarios que vos parezan máis significativos.
O vindeiro luns porémolo en común na clase.
Calquera dúbida que vos xurda a anotades coma comentario desta entrada.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)